Lugo Transforma

previous arrow
next arrow
Shadow
previous arrow
next arrow
Shadow

Proactivo, dinámico e emprendedor,
así é Lugo, o tesouro verde no que investir.

A porta de Galicia cara a meseta e o noroeste de España

A cidade máis antiga de Galicia, atesoura, con preto de 1000.000 habitantes, máis de dous mil anos de historia e patrimonio romano. A súa boa disposición xeográfica fai desta cidade bimilenaria a porta de Galicia cara a meseta e o noroeste de España.

Referente na loita contra o cambio climático

Mantendo o equilibrio entre o urbano e o rural, Lugo é o motor tractor da provincia que está en pleno proceso de transformación grazas a proxectos internacionalmente pioneiros en sostibilidade que a sitúan nun referente da loita contra o cambio climático. Por non falar dos indicadores moi positivos de calidade de vida e de que é unha das cidades galegas que máis destina a políticas públicas sociais.

Destino turístico completo

Lugo loce importantes recursos patrimoniais, históricos, paisaxísticos, gastronómicos e festivos con gran capacidade de explotación turística, como os seus tres Patrimonios da Humanidade (a Muralla romana, a Catedral e o Camiño Primitivo de Santiago) e o seu valor natural único escondido na Reserva de Biosfera Terras do Miños

Economía baseada nos recursos naturais

A estrutura económica lucense desenvólvese grazas aos seus recursos naturais e ao carácter emprendedor das súas xentes. Destaca o sector forestal, o terciario e o industrial, os produtos vencellados coa terra, a gandería, os artesáns, a dispoñibilidade de chan, o comercio e a hostalería, cunha fama mundial ligada á gastronomía e ao tapeo, toda unha forma de vida para a cidade.

Formación de alta calidade

O municipio aposta pola formación de alta calidade cunha forte implantación da formación profesional e a excelente cualificación na ensinanza universitaria, o Campus Terra, que  nace coa intención de transformar o campus de Lugo nun referente científico e social nos ámbitos de coñecemento vinculados á sustentabilidade económica, social e medioambiental do uso da terra.

Espírito emprendedor

Con 20 años de experiencia, o Centro de Empresa e Innovación do Concello, do que saíron 105 empresas cunha supervivencia do 75% e que é todo un referente nacional e internacional, compleméntase cun viveiro de empresas a pé de rúa e bonificacións fiscais relacionadas coa dinamización económica.

Lugo polo mundo

Internacionalmente, Lugo aumentou a súa presenza grazas aos tres Patrimonios da Humanidade, a proxectos pioneiros e á vangarda europea, ao irmandamento con China, á celebración de cumios internacionais, a súa integración no Eixo Atlántico, e ao servizo Europe Direct que en Galicia só presta Lugo como concello.

Proxectos europeos

Lugo tamén conta con proxectos de investimento público como os tres europeos (LifeLugo+Biodimámico,   Muramiñae e SmartCity) ou a estratexia Lugo Transforma, fondo de capital de risco pioneiro en Galicia, que mobiliza 13 millóns de euros para captar novos investimentos, atraer empresas e crear emprego verde.

Ademais, no último informe dos ODS, Lugo sitúase como a cidade galega que máis avanzou en alcanzar os seus obxectivos.

Lugo en cifras

0
0
0
0

Habitantes en 2023

Festas de Interese Turístico Internacional

Patrimonios da Humanidade

Viveiros de empresas municipais

0
0
0
0

Desfibriladores que a converten na cidade máis cardioprotexida de Galicia e do noroeste peninsular

Vivendas que formarán en Lugo o primeiro barrio multiecolóxico de España

Polígonos industriais (O Ceao, A Louzaneta, As Gándaras) próximos ás principais vías de comunicación A6 (Madrid-A Coruña) e A8 (Autopista do Cantábrico)

Euros por metro cadrado é a media que fai a Lugo, a segunda cidade máis barata para facerse cun local comercial

0

Habitantes en 2021

0

Festas de Interese Turístico Galego e Interese Turístico Nacional

0

Patrimonios da Humanidade

0

Viveiros de empresas municipais

0

Desfibriladores que a converten na cidade máis cardioprotexida de Galicia e do noroeste peninsular

0

Vivendas que formarán en Lugo o primeiro barrio multiecolóxico de España

0

Polígonos industriais (O Ceao, A Louzaneta, As Gándaras) próximos ás principais vías de comunicación A6 (Madrid-A Coruña) e A8 (Autopista do Cantábrico)

0

Euros por metro cadrado é a media que fai a Lugo, a segunda cidade máis barata para facerse cun local comercial

BORRADOR PARA REVISAR CONTIDOS