Lence
Grupo Lence, empresa familiar fundada no ano 1975, é a única empresa láctea galega que está entre as seis máis grandes de España. A compañía só traballa con leite galega, impulsando a creación de riqueza no rural galego e realizando, así, un labor vertebrador do territorio. Actualmente, é a terceira empresa que máis leite recolle en Galicia e a única entre as catro primeiras que é unha empresa galega. Cunha firme aposta pola innovación, traballan con diferentes entidades educativas e institucións públicas e privadas para sacar adiante proxectos como Milkchain e Smart4Milk, cos que busca transformar o rural e apoiar ás ganderías a ser máis eficientes e ofrecer produtos diferenciadores e de maior nivel. Ademais, a compañía busca facer unha diferencia positiva na súa contorna, comprometéndose e colaborando con diferentes iniciativas sociais e deportivas.