Lugo Transforma

Tes unha idea, proxecto ou negocio e precisas capital?

Requisitos de acceso e elixibilidade da Estratexia Lugo Transforma.

  • Empresas cuxo domicilio social e/ou centro operativo (actual ou futuro) estea dentro do municipio de Lugo.

  • Aínda que a estratexia de investimento é de carácter xeralista, teñen preferencia os seguintes sectores: tecnolóxicos, mobilidade sostible, enerxías renovables, saúde, educación, retail, alimentación, mundo agro, big data ou industria, entre outros.

  • Pemes, microempresas ou pequenas ou medianas empresas que cumprindo os requisitos previstos no artigo 21.3 LECR, reúnan algunha das seguintes características:

Proxectos cunha antigüidade non superior a 7 anos desde a súa constitución, un claro potencial de crecemento e mellora de marxes operativos, vocación internacional e equipos motivados, comprometidos co proxecto e ampla experiencia e coñecemento específico do sector económico no que se enmarca a compañía.

Empresas innovadoras emprazadas nos sectores de economía dixital e/ou de marcado compoñente tecnolóxico-innovador, en fases iniciais, preferentemente early stage, con produto testado no mercado, cun Ebitda próximo ao límite de rendibilidade e tendencia de crecemento e mellora de resultados.

Se cres que o teu proxecto encaixa para recibir capital da Estratexia Lugo Transforma, ou tes algunha dúbida, FALAMOS!