Lugo Transforma

Empresas xestora

A empresa adxudicataria para a xestión do fondo emprendedor é Torsa Capital, SGEIC, S.A, sociedade constituída no 2006 e inscrita no Rexistro de Entidades de Capital Risco da CNMV co número 73.

O equipo fundador de Torsa Capital atesoura unha dilatada experiencia en diferentes campos da vida empresarial, tanto a nivel nacional como internacional, abarcando un extenso número de sectores de actividade industrial, tecnolóxica e de servizos.

A súa experiencia é base fundamental para a consecución dun dos obxectivos principais do Fondo da Estratexia Lugo Transforma, como é a creación de valor das compañías participadas, apoiando aos equipos directivos comprometidos cun sólido modelo de negocio e coa fin última de contribuír á transformación do tecido produtivo da cidade de Lugo, diversificando a súa industria e creando novas oportunidades de emprego de calidade vencelladas a sectores con impacto positivo na sociedade e no medio ambiente.
Na actualidade, xestiona ou asesora a un total de catro Fondos que acumulan un capital de 38 MM € con máis de 60 operacións de investimento realizadas.