Lugo Transforma incorpora a empresa aeroespacial Vig Sec Drone ao seu fondo de investimento, elevando a once o número de participadas

A empresa, fundada no ano 2019 en A Lama (Pontevedra), está especializada na consultoría e formación en aviación con drons, e desenvolveu ACRE, un innovador software de xestión do espazo aéreo en situacións de emerxencia que permite a coordinación simultánea de drons e helicópteros, unha tarefa ata agora practicamente imposible por cuestións de seguridade.