Lugo Transforma

Lugo Transforma incorpora unha firma tecnolóxica 100% lucense cuxo finaciamento posibilitará a súa expansión internacional

A marca, Himikode Tech, centrada en tres áreas específicas que están en continuo desenvolvemento, como Internet of Things, Intelixencia Artificial e a Big Data, recibirá un investimento de 300.000 euros, o que permitirá xerar 12 postos de traballo directos e 30 indirectos en 5 anos.
 
A startup local está a desenvolver unha solución de hardware e software específico que permite converter os tradicionais bancos de máquinas de café en dispositivos intelixentes capaces de monitorizar datos de calidade, consumo y operatividade.
 
Paula Alvarellos destacou que “A aposta polo desenvolvemento tecnolóxico aplicado á incentivación da economía circular está en absoluta consonancia coas liñas de actuación determinadas dende o Concello para este fondo”.
 
Ata a data, lévanse presentado un total 78 proxectos ao fondo Lugo Transforma, dos que 12 se atopan actualmente en análise, cun investimento materializado de 2.210.000 euros.

Fontes

Gabinete de Prensa

Temas

Economía, Desarrollo Local, Empleo

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, presentou esta mañá á oitava das empresas que recibirá financiamento da Estratexia Lugo Transforma. Esta ambiciosa iniciativa e unha das ferramentas coas que o Executivo local busca impulsar a diversificación industrial do municipio e promover a creación de emprego estable e de calidade para seguir fixando poboación na nosa cidade. Acompañada polo seu Conselleiro Delegado, Jesús Torres, e o analista de investimento desta sociedade, Jorge Leiro, Paula Alvarellos recibiu a Noemí Rodríguez y Raúl Bayón, socios fundadores de Himikode Tech,  como nova beneficiaria do fondo emprendedor.

A oitava integrante do fondo de capital risco municipal foi constituída en Lugo en 2018. Nestes seis anos de percorrido logrou facerse un oco dentro dun sector moi competitivo como é o tecnolóxico cunha actividade radicada fundamentalmente na nosa urbe. “Trátase dunha firma centrada en tres áreas moi específicas que ademais están en continuo desenvolvemento, como a IoT (Internet of Things), IA (Intelixencia Artificial) e a Big Data”, explicou a rexedora, quen resaltou o feito de que a aposta polo desenvolvemento tecnolóxico aplicado a incentivación da economía verde e circular “está en absoluta consonancia coas liñas de actuación determinadas dende o Concello e que son eixos vertebrador de Lugo Transforma”.

Así, desde a startup lucense desenvolveron unha solución formada por un dispositivo hardware equipado cun software específico que permite converter os tradicionais bancos de máquinas de café en dispositivos intelixentes capaces de monitorizar datos relativos ao consumo de café aportando datos precisos sobre aspectos como os gramos de material consumido, o número cuncas de café vendidas o caudal de auga utilizado.

“Ademais esta tecnoloxía nacida en Lugo analiza a calidade do proceso, así como o estado das propias máquinas a súa localización, o estado de conexión ou o tempo que lle resta de vida útil, aspectos que permiten mellorar a eficiencia do establecemento, e por tanto, logrando un importante aforro de tempos e custos”, precisou Alvarellos. Deste xeito, a compañía que ten a súa sede na rúa  Illas Cíes, conta na actualidade cun cadro de persoal formado por 7 persoas traballadoras, que nun futuro inmediato medrará considerablemente xa o seu plan de negocio recolle a creación de 12 novos postos de traballo directos e 30 indirectos nos próximos 5 anos.

A alcaldesa explicou que o investimento por parte do fondo Lugo Transforma ascende nesta caso aos 300.000 euros destinados a equity. E dicir, entrando directamente no capital da compañía. Estes fondos irán destinados a aprovisionamentos, á expansión comercial e, fundamentalmente, a internacional e ao aumento do seu persoal. “O apoio ao emprendemento é un piar fundamental  da nosa política de dinamización económica, coa que pretendemos expandir o noso tecido produtivo, xerar emprego de calidade e fixar poboación, avanzando así nun Lugo de oportunidades”, apunto a rexedora.

Pola súa banda, o Conselleiro delegado subliñou que a iniciativa Lugo Transforma adquire unha maior importancia estratéxica no contexto económico actual.  “As empresas ás que se dirixe o fondo teñen especial dificultade á hora de obter financiamento tradicional debido á súa mocidade e por tanto escaso “track record” (bagaxe financeira) e cando o fan deben aterse, non só a un contexto macroeconómico onde impera a escalada de tipos de interese, senón que deben facer fronte a uns diferenciais elevados, que compensen a asunción do risco por parte da entidade financeira”, proseguiu.

Os socios fundadores da firma, que destacaron a importancia estratéxica do fondo municipal de capital risco e agradeceron o apoio recibido por parte do Concello, explicaron que o seu obxectivo fundamental e escalar a súa facturación, medrar en recursos humanos e poder expandirse a Portugal, Francia e Italia antes de 2027. “Queremos canalizar todo o talento que existe na nosa cidade e importar profesionais de fóra para que traballen desde Lugo”, indicou Rodríguez.

Lugo Transforma

O Fondo Lugo Transforma está constituído polo Concello de Lugo – que mobilizou 12 millóns de euros – e polas compañías Lence, Norvento Enerxía, Torre de Núñez, Grupo Arenal, Alibos, Candelas, Grupo El Progreso, Dmanán e Torsa capital que incrementaron o fondo inversor con un millón de euros máis.

Ata a data, lévanse presentado un total 78 proxectos ao fondo Lugo Transforma, dos que 12 se atopan actualmente en análise, cun investimento materializado de 2.210.000 euros nas oito incorporacións xa efectivas (LexDigo, Innogando, InVerbis, Techaway, Boldest, Monkey Markets, DosDog e Himikode Tech) que xuntas crearán en torno a 250 postos de traballo directo no municipio.