Lugo Transforma

Lugo Transforma reinveste en Innogando cunha nova achega de 400.000 euros para impulsar a súa expansión nacional e internacional

Desde a súa primeira participación no fondo en 2023, na que se investiron 300.000 euros, a empresa pasou de 11 a 30 traballadores, captou máis de 2 millóns de euros en financiamento inducido, desenvolveu proxectos de I+D+i por valor de case 400.000 euros e conseguiu diferentes premios e recoñecementos como os Premios Emprende XXI de Caixabank, o Venture on the Road de Banco Sabadell ou formar parte do Top 101 Spain Up Nation.

Lugo Transforma incorpora a empresa aeroespacial Vig Sec Drone ao seu fondo de investimento, elevando a once o número de participadas

A empresa, fundada no ano 2019 en A Lama (Pontevedra), está especializada na consultoría e formación en aviación con drons, e desenvolveu ACRE, un innovador software de xestión do espazo aéreo en situacións de emerxencia que permite a coordinación simultánea de drons e helicópteros, unha tarefa ata agora practicamente imposible por cuestións de seguridade.